El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

A fortaleza da Rocha terá a súa web e unha publicación

Aprobadas as obras para a limpeza das gabias nas pistas da parroquia

C.G.   | 28.06.2013 
A- A+

Santiago. A Xunta de Goberno abriu o procedemento para contratar un servizo de difusión do xacemento do Castelo da Rocha e iniciou o expediente para as obras de limpeza de gabias nas pistas das parroquias.

Segundo indicou a voceira da Xunta de Goberno, María Pardo, o servizo de difusión da fortaleza da Rocha licitarase por un importe de 44.793 euros máis IVE. Este servizo encargarase da creación dunha web que difundirá o proxecto e dunha publicación que explicará a historia do Castelo da Rocha e a súa transcendencia para a cidade de Santiago.

Por outra banda, a asociación Rocha Forte promoverá mañán a IV edición da Romería do Castelo da Rocha, cunha degustació gastronómica a partir das doce do mediodía.