El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Homenaxe de Curtocircuito ao Cine-club Universitario

Fara un recoñecemento ao seu fundador, Ezequiel Méndez // Será o encargado dunha sección sobre Compostela

REDACCIÓN SANTIAGO   | 28.09.2018 
A- A+

O Festival Internacional de Cine Curtocircuíto, que dará comezo este sábado 29 de setembro e se desenvolverá ata o próximo 7 de outubro, recuperará dentro do seu 15º aniversario unha parte da memoria cinéfila e cinematográfica da cidade.

En colaboración co actual Cineclube de Compostela, Curtocircuíto outórgalle unha Carta branca a Ezequiel Méndez, fundador e director do Cine-Club Universitario e o Cine-Club A.F.C. de Santiago nos anos 60, que aceptou o convite do festival para programar unha sesión dentro desta edición.

A súa selección componse de dúas obras que construíron visións contrapostas de Santiago naquela década: Compostela, realizada polo malogrado Claudio Guerín Hill para o programa Conozca usted España de RTVE, e que propuña unha imaxe de Santiago e os seus poderes que foi moi controvertida naquel momento, o que resultou na realización doutro filme por parte de José Luis Font como desagravio, este co título Camino de Santiago.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt