El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Homenaxe a Xabier P. Docampo coa lectura dunha escolma das súas obras

Xornada homenaxe a Xavier Docampo na biblioteca Ánxel Casal - FOTO: ANTONIO HERNÁNDEZ
Xornada homenaxe a Xavier Docampo na biblioteca Ánxel Casal - FOTO: ANTONIO HERNÁNDEZ

ECG   | 05.06.2019 
A- A+

CULTURA Xabier Docampo, "o mestre das viaxes imaxinarias", en palabras de Héctor Cajaraville, recibiu onte unha homenaxe na biblioteca pública Ánxel Casal, cando se cumple un ano do seu pasamento. Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil con Cando petan na porta pola noite, foi un cidadán comprometido: "coa lingua de noso e a cultura, creador de plataformas para a defensa da identidade e a dignidade como Prolingua e de tantas outras aventuras como Galix, Nova Escola Galega ou BLOC". Segundo sinalaron os organizadores, "as súas obras foron escritas coa paixón coa que vivía, cheas de orixinalidade, amor polos libros e a lectura, pero tamén apoio e homenaxe na tradición". O acto desenvolvido onte a partires das 19.00 horas na bibloteca, que se adiantou a estas datas (faleceu a finais de xuño de 2018), consistiu na lectura dos seus textos, e máis unha charla a cargo da crítica e máxima coñecedora da súa obra María Jesús Fernández. A continuación, os representantes de Galix filléronlle entrega á familia da figura conmemorativa da homenaxe (Socio de Honra) que se lle ía realizar en vida.