El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Hoxe, Mozart Flute Quartets á galega

Será no Paraninfo da Universidade de Santiago ás 20:30

SANTIAGO  | 02.12.2019 
A- A+

Os composteláns poderán gozar hoxe de Mozart en estado puro pero cun notable adubío galego, porque o Integral dos Cuartetos para frauta e trío de cordas do xenial músico barroco vai ser interpretado por Luis Soto (frauta travesa), David García (violín), Ioana Ciobotaru (viola) e Millán Abeledo (violoncello). O concerto será hoxe no Paraninfo da Universidade de Santiago ás 20:30, e a entrada será de balde ata completar o aforo.