El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Ideas para pasar a ponte de decembro en Santiago

SILVIA CASTIÑEIRAS. CORREOTV  | 06.12.2018 
A- A+

Co alumeado de Nadal xa acendido, pasear polas rúas de Santiago, tanto pola zona nova como pola vella, pode ser unha agradable experiencia para estes días de lecer na cidade. Pero tamén poden dar unha volta e botar unha ollada ás curiosidades que ofrece o mercado de Nadal, que xa está aberto en Carreira do Conde. Por outra banda as pistas de xeo veñen sendo todo un reclamos nos últimos anos por estas datas e desta vez hai ata dúas posibilidades diferentes: a habitual da Alameda e a instalada por Área Central.