Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Incide o BNG en seguir a 'loita' para recuperar as estatuas do Mestre Mateo

Sostén que son de dominio público e que neste caso non é posible a usucapión

    Santiago. A portavoz do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, enviou todo o apoio ao goberno local "para recorrer a sentenza disparatada contra a recuperación das estatuas de Abraham e Isaac, para ser bens de dominio público". O fallo chega a pór en dúbida se son obras do Mestre Mateo e se estiveron no Pórtico da Gloria. "Entendemos o pouco rigor que pode ter esta sentenza cando en catro días está ditada cun asunto desta envergadura". Ademais, dixo, pode servir de precedente, coa idea de que "non se pode mover nada do que pasou na etapa do franquismo porque ten que continuar así". "É unha mensaxe que nos queren trasladar e á que nos opoñemos de maneira contundente".

    "Esas estatuas son de dominio público e, polo tanto, imprescritíbeis e non se poden someter á figura de usucapión, porque son pertencentes ao patrimonio histórico-artístico nacional", explicou, antes de engadir que "trátase dun esquema semellante ao Pazo de Meirás, cun informe xurídico encargado pola Deputación, que tamén manifesta que as estatuas pertencen ao patrimonio do Estado e, en tanto foron concedidas ao xefe de Estado formarían parte do patrimonio nacional, que nunca prescribe nin se ve afectado pola usucapión".

    Pola súa parte, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, xa anunciou que recorrirá a sentenza. ECG

    11 feb 2019 / 22:49
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito