El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Isaac Díaz Pardo en Compostela

O Colexio de Fonseca acolle unha exposición sobre o tempo vivido en Santiago polo intelectual galeguista e o seu pai, Camilo Díaz Baliño

CORREOTV  | 11.10.2018 
A- A+

A exposición "Con Galiza sempre no horizonte. Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo en Compostela" recolle o tempo vivido por Camilo e Isaac, pai e fillo, en Santiago, cidade á que chega o primeiro en 1920 para facerse cargo da dirección da empresa de escenografía e propaganda artística de Isaac Fraga, e onde nace Díaz Pardo ese mesmo ano. A mostra pode visitarse no Colexio de Fonseca ata o 30 de novembro.