El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Luns do Ateneo

Laura Tato: "Vidal Bolaño reinventou e profesionalizou o teatro galego"

Pola esquerda, Salvador García Bodaño, Laura Tato e Euloxio Ruibal - FOTO: AS
Pola esquerda, Salvador García Bodaño, Laura Tato e Euloxio Ruibal - FOTO: AS

SANTIAGO  | 14.05.2013 
A- A+

Roberto Vidal Bolaño normalizou o teatro en Galicia, incorporando elementos da cultura tradicional, da literatura, das artes plásticas e mesmo do adiovisual, afirmou este luns no Ateneo de Santiago a profesora da Universidade da Coruña Laura Tato, especialista na obra do autor elixido pola Real Academia para conmorar o Día das Letras Galegas. Presentaron o acto, seguido por numeroso público, os tamén académicos e ateneistas Salvador García Bodaño e Euloxio Ruibal.

Laura Tato fixo un minucioso percorrido pola extensa obra dramática do autor Compostelan Roberto Vidal, atendendendo, sobre todo, á súa evolución dramatúrxica e escénica dende que, en 1973 e ata 1985, puxo en marcha o grupo Antroido, despóis dunha primeira etapa no grupo cinematográfico “Lupa” e no grupo teatral “Obradoiro”.

Para a profesora Tato, Vidal Bolaño participou xunto a Euloxio Ruibal no que denominou a “refundación do teatro galego” e na súa profesionalización, chea de dificultades pero plagada de acertos. Destacou unha primeira fase na que incorporou á súa dramaturxia a cultura popular galega, seguida dunha segunda etapa na que sumou as fontes literarias galegas –Rosalía, Cunqueiro, Ferrín, Otero Pedrayo- e unha tercerira, entre 1985 e 1991, en que, por presións políticas, viuse marxinado da escena e nutre a súa creación cunha bagaxe estética e técnica dos medios audiovisuais.

A conferenciante destacou a etapa final do autor, morto prematuramente cando apenas contaba cincuenta anos, como unha etapa de plenitude artística e creativa coa compañía “Teatro do Aquí” e a colaboración co teatro institucional do Centro Dramático Galego