El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

A ludoteca María Miramontes de Fontiñas abre este diciembre tras 12 anos de espera

Pensado para nenos de 2 a 12 anos, empezará a súa actividade ordinaria á volta das vacacións de Nadal

REDACCIÓN   | 07.12.2018 
A- A+

Santiago. A ludoteca ou Centro Educativo e de Lecer María Miramontes das Fontiñas poderá abrir as súas portas neste mes de decembro, grazas ao convenio asinado polo Concello compostelán e a Deputación de A Coruña.

O espazo está pensado para nenos e nenas de 2 a 12 anos, e empezará a súa actividade ordinaria á volta do Nadal. En virtude do convenio asinado, a Deputación achegará algo máis de 83.000 euros dos case 145.000 euros que se destinarán á posta en marcha desta ludeteca, ao carón da escola infantil municipal de Fontiñas.

Co nome dunha muller de referencia no galeguismo e membro das Irmandades da Fala, María Miramontes, a nova ludoteca de Fontiñas porá en marcha un programa piloto para a implantación dun servizo de atención á infancia con espazos acondicionados para o xogo, animación á lectura, promoción do libro e distintas propostas para unha conciliación lúdica e formativa.

O equipamento ofrecerá outros servizos, coma un punto de información ás familias sobre o mundo do xogo, tamén os tecnolóxicos. Reservará tamén 73 prazas, os venres de 10.30 horas a 13.30 horas, para que os nenos e nenas escolarizados en centros escolares de fóra do Concello de Santiago poidan asistir á realización de actividades programadas no Centro, no horario escolar.

A vicepresidenta da Deputación de A Coruña recoñeceu que a ludoteca era "unha débeda histórica para a cidade nun barrio que conta con numerosa poboación infantil e que, de maneira especial, vai servir para a conciliación laboral e familiar".