El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

En marcha o novo grao de Innovación Gastronómica

Foto de familia durante o acto de apertura do curso académico do CSHG, con Nava Castro, Román Rodríguez y Antonio López
Foto de familia durante o acto de apertura do curso académico do CSHG, con Nava Castro, Román Rodríguez y Antonio López

REDAC.   | 15.10.2019 
A- A+

HOSTELERÍA O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, destacou onte o enorme futuro do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) que marcará un "antes e un despois" na traxectoria do centro, con máis de 25 anos de historia, así como no resto do sector turístico galego. Fíxoo durante o acto de apertura do curso académico do CSHG na que tamén participou o reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, así como profesores, alumnos e exalumnos. O conselleiro destacou, por exemplo, o proxecto que inclúe a implantación do grao de Innovación Gastronómica e Xestión Hoteleira, que botará a andar na USC no curso 2021-2022, coincidindo coa celebración do Xacobeo 21.