El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

LAS 1001 CARAS DE COMPOSTELA

"O Museo das Peregrinacións precisa máis dos santiagueses"

Bieto Pérez relata os cambios que experimentou a coñecida galería co traslado a Praterías

Bieito Pérez
Bieito Pérez

MANOLO FRAGA  | 26.11.2017 
A- A+

O arqueólogo Bieito Pérez Outeiriño (A Merca, 1956) ocupa desde hai vinte anos a dirección do Museo das Peregrinacións e de Santiago, centro de titularidade estatal pero de xestión autonómica. A el tocoulle gobernar o traslado da rúa de San Miguel á praza das Praterías hai dous anos, onde agora exhibe os seus fondos, no antigo edificio do Banco de España, logo da rehabilitación que fixo o Consorcio de Santiago dirixida polo arquitecto Gallego Jorreto. O 1 de decembro o funcionario xubílase.

¿Marcha satisfeito?

En gran parte, si, polo traballo que fixemos e polo equipo que tanto me axudou. Pero gustaríame que seguisen desenvolvéndose outras dimensións do museo previstas, como a de ser un auténtico centro de interpretación, para o que precisa maior orzamento. Esta institución debe estar moito máis presente na cidade e entre os propios santiagueses.

Mais o novo edificio deulle unha enorme proxección.

Certo. O cambio á praza da fonte dos cabalos foi moi importante, porque supuxo mudar unha situación angustiosa de falta de espazo e ubicarnos nunha zona de gran visibilidade. As novas instalacións permitíronnos abordar un novo relato museográfico con novas técnicas de difusión. Agora temos unha superficie expositiva de mil metros cadrados que se distribúe en cinco plantas.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt