El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Nadal Verde aluga árbores de Nadal desde Compostela

REDACCIÓN SANTIAGO  | 05.12.2013 
A- A+

Unha iniciativa nada en Compostela leva a túa árbore de Nadal ata a casa. Trátase do alugueiro de árbores. O proxecto Nadal Verde é unha iniciativa empresarial que trata de aportar unha solución ecolóxica e solidaria a esas típicas dúbidas de todos os anos cos adornos de Nadal. 

A través dunha páxina web o servizo permite ao usuario escoller a súa árbore e tela na súa casa en moi pouco tempo. Cando finalicen as festas a pranta é recollida de novo. A idea innovadora está impulsada por Pedra Salgada, unha empresa compostelana de servizos de limpeza e xardinería. 

Entre a oferta de árbores está a posibilidade de encargar tamén os adornos de NAdal, feitos todos con material reciclado. Os prezos varían entre o tipo e tamaño de árbore elexida e vai desde os 24 euros ós 48.