El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

RUTA XACOBEA

Nomean a Miguel Taín novo director da Cátedra do Camiño e as Peregrinacións

O profesor de Historia da Arte Miguel Taín Guzmán
 - FOTO: ECG
O profesor de Historia da Arte Miguel Taín Guzmán - FOTO: ECG

REDACCIÓN   | 02.10.2019 
A- A+

O profesor de Historia da Arte Miguel Taín Guzmán acaba de ser nomeado director da Cátedra do Camiño e as Peregrinacións, centrada na difusión dos valores asociados coa peregrinación e inherentes ao Camiño de Santiago. O profesor Taín Guzmán centra a súa investigación arredor de diversas liñas sempre relacionadas coa Ruta Xacobea, a Catedral, a cidade e a peregrinación. Nos últimos anos ten desenvolvido diversas estadías en centros de investigación internacionais como o Kunsthistorisches Institut de Florencia do Max-Planck-Institut; Villa I Tatti-University of Harvard; a Brandenburg Research Academy and International Network (BRAIN)-Marie Curie Fellowship no departamento de Historia da Arquitectura da Brandenburgische Technische Universität de Cottbus de Alemaña ou no Pilgrimage Studies Institute do College William and Mary en EEUU. Ademais de distintas responsabilidades de xestión asociadas á Facultade de Xeografía e Historia, é fundador e co-director do curso de verán internacional da USC Lección Xacobeas Internacional da Universidade dende 2007.