El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

mañá martes

Presentación dun libro sobre a historia do Pazo de San Lourenzo na Fundación Torrente Ballester

A publicación é obra do historiador Juan David Díaz López

REDACCIÓN SANTIAGO  | 02.11.2015 
A- A+

O Consorcio de Santiago e a editorial Guiverny acaban de publicar El Pazo de San Lourenzo de Trasouto. De oratorio franciscano a retiro señorial do historiador lucense Juan David Díaz López. Mañá martes, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, presentará a publicación na sede compostelá da Fundación Torrente Ballester (Rúa do Villar, 7), ás 20:00 horas. 

Juan David Díaz López (Lugo, 1982), licenciado en Historia da Arte e en Xornalismo, realizou este traballo no Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago. A través das páxinas do libro relata como o Pazo de San Lourenzo de Trasouto foi un pequeno oratorio ermitán no século XIII, logo un convento franciscano na tardía Idade Media, posteriormente un edificio abandonado e, finalmente, a partir de 1880, un pazo de recreo onde os seus novos propietarios, descendentes da ilustre casa dos Condes de Altamira, teñen desfrutado en multitude de ocasións de plácidas xornadas de lecer estival.