El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Reclaman máis orzamentos e persoal para sanidade co fin de reducir as esperas

REDACCIÓN  | 15.01.2020 
A- A+

O grupo municipal do BNG defenderá no vindeiro Pleno unha moción para mellorar a sanidade pública e esixir da Xunta a dotación de orzamentos e persoal necesario nos centros de saúde. Ademais, anima a participar na manifestación convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública para o domingo 9 de febreiro, ás 12.00 horas, na Alameda. Na moción que traslada o BNG, de acordo coa Plataforma SOS Sanidade Pública, atribúese esta precaria situación á política sanitaria da Xunta de Galicia, cos recortes de recursos, desmantelamento de hospitais comarcais, abandono dos Centros de Atención Primaria, ocultación e manipulación das listas de espera, precarización e explotación do persoal e privatización de servizos. As protestas dos centros de saúde, o levantamento da poboación de Verín contra o peche da sala de partos do seu hospital e as protestas de nais e pais contra a falta de pediatras son algunhas das manifestacións do malestar cidadán fronte a esta crise sanitaria, expón o texto da iniciativa.