El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Remata o ciclo de charlas sobre dano cerebral

REDACCIÓN   | 15.01.2020 
A- A+

Chamar a atención da dimensión social do Dano Cerebral Adquirido (DCA), incidir na importancia da prevención, explicar a importancia da atención especializada ou falar dos dereitos das persoas e familias nesta situación, foron algúns dos obxectivos do ciclo de charlas que, durante os meses de outubro, novembro, decembro e xaneiro, desenvolveu a asociación Sarela en 17 centros socioculturais da cidade, barrios e parroquias de Santiago. O último tivo lugar onte no Centro Sociocultulral de Conxo.

O arranque destes encontros foi no mes de outubro coincidindo co Día do Dano Cerebral Adquirido (DCA).

Dende a asociación indican que o DCA é a primeira causa de discapacidade e dependencia en España. A pesares diso, a maior parte da poboación non identifica correctamente o dano cerebral adquirido, realidade que cambia cando falamos das causas que o provocan como ictus, traumatismos cranioencefálicos ou tumores cerebrais.