El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Roteiro con 7 paradas para dar a coñecer a relación de Antonio Fraguas e Santiago

Branca Novoneyra, esq., con María Abelleira, amosando o paseo pola cidade - FOTO: ECG
Branca Novoneyra, esq., con María Abelleira, amosando o paseo pola cidade - FOTO: ECG

ECG   | 08.05.2019 
A- A+

A concellaría de Acción Cultural organiza un roteiro para dar a coñecer a relación con Santiago de Fraguas, o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Branca Novoneyra presentou onte o paseo, denominado "Antonio Fraguas e a Compostela Insólita", nunha rolda de prensa na que estivo acompañado por María Abelleira, de MAOS Innovación Social Sociedade Cooperativa. A edil incidiu na relación de Fraguas con Compostela, "cidade que o nomeou fillo adoptivo en 1989". Novoneyra apuntou que "en Santiago temos lembrado ao autor dándolle o seu nome ao instituto de Fontiñas, ou ao premio de investigación sobre o traxe galego que o Concello convoca en colaboración coa Asociación do Traxe". O roteiro inclúe 7 paradas noutros tantos lugares da capital galega vinculados co autor. O primeiro deles é o Museo do Pobo Galego, "do que foi director, ao que cedeu parte das ferramentas de canteiro do seu pai e tamén parte da súa biblioteca". O paseo segue na praza de Feixóo, na Facultade de Xeografía e Historia, o colexio de Fonseca, a árbore da ciencia, o IES Rosalía de Castro e carballeira de Santa Susana.









Galiofer es un portal de ofertas y descuentos en Galicia. Las mejores ofertas en Salud y Belleza, Hogar, Regalos, Restaurantes, Escapadas...