El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

O Smartiago situará a Compostela na vangarda da innovación municipal

Consulta Preliminar ao Mercado de Smartiago, onte - FOTO: A. Hernández
Consulta Preliminar ao Mercado de Smartiago, onte - FOTO: A. Hernández

ECG   | 03.12.2019 
A- A+

O concelleiro Sindo Guinarte clausurou onte no edificio Cersia o obradoiro informativo da Consulta Preliminar ao Mercado de Smartiago, que estivo dirixida a empresas e axentes do ecosistema de innovación interesados en participar no programa. O proxecto Smartiago, que suma sustentabilidade e innovación, conta con tres liñas estratéxicas: xestión de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria, mobilidade e alumeado ornamental. Iniciarase en breve a fase de consultas públicas ás empresas e á cidadanía para "a identificación de novas alternativas tecnolóxicas". Deste xeito, ao longo de 2020, avanzaríase na licitación da compra pública de innovación nos tres ámbitos estratéxicos. Cara finais de 2022 culminaríase a fase de desenvolvemento destas tecnoloxías innovadoras con mecanismos de compra pública innovadora.