El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

{ LAS 1001 CARAS DE COMPOSTELA }

“Somos un dos grupos galegos que máis xira por todo o mundo”

Case 20 anos despois de comezaren a xuntarse para cantar, o grupo galego-belga Ialma volve de novo a Compostela para presentar o seu quinto disco

As catro integrantes de Ialma, na Grand Place, en Bruxelas
As catro integrantes de Ialma, na Grand Place, en Bruxelas

G. LÓPEZ  | 28.04.2017 
A- A+

“Vir tocar á terra é moi importante para nós. Aínda que somos uns dos grupos galegos que máis xira por todo o mundo, vir a Galicia a contar o noso proxecto e poder estar coa familia é moi emotivo”. Son verbas desde Bruxelas de Marisol Palomo, que xunto a Verónica Codesal, Magali Menéndez e Natalia Codesal, forman Ialma, o grupo de pandereteiras galego-belgas que a vindeira semana –3 de maio– ofrecerá un concerto no Teatro Principal para presentar o seu último disco, Camiño, un magnífico traballo no que contan a súa historia de exilio e emigración. “É o camiño da historia dos nosos pais, un camiño de loita e de dignidade para buscar unha nova vida”, destaca Palomo, unha das integrantes dun grupo que, case vinte anos despois de comezaren a xuntarse para cantar, volven de novo cun novo disco debaixo do brazo no que contan a súa historia e a das súas familias e no que queren facer unha homenaxe aos galegos e galegas da emigración.
Camiño, que leva como subtítulo De Bruxelas a Santiago, é a historia da súa emigración e da dos seus pais, pero que segue a evolucionar “porque un camiño nunca se para”, din as integrantes de Ialma, que aínda que nadas e residentes en Bruxelas, están en conexión constante con Galicia e coas súas tradicións, que lle permitiron construír aos poucos un repertorio de cantos e bailes coa pegada das súas raíces, mais adaptadas á súa nova realidade: a das mulleres de hoxe en contacto con diferentes culturas, linguas e estéticas. 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt