El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Sons dos anos 40 en Santiago

Por primera vez desde hai máis de 7 décadas escoitaranse as primeiras gravacións rexistradas nun magnetófono en Galicia. A emprera creadora, Portela Seijo, será homenaxeada o martes, ás 20.00 horas, no Museo Granell

Imaxe do magnetófono creado po la firma comportela Portela Seijo no ano 1939
Imaxe do magnetófono creado po la firma comportela Portela Seijo no ano 1939

FERNANDO FRANJO  | 20.10.2013 
A- A+

O Museo Fundación Granell servirá de escenario o martes, día 22 (20.00 horas), para unha sesión especial na que se levará a cabo unha sesión sonora na que se empregará por primeira dende aquel entón un magnetófono inventado en Galicia en 1940.

Trátase dunha sesión sonora moi especial que servirá tamén para rendir unha homenaxe ós irmáns Portela Seijo, creadores do aparato. O martes, na Granell, por primeira vez desde hai máis de setenta anos, as persoas que asistan a esta intervención poderán escoitar as primeiras as palabras e sons rexistrados neste soporte electromagnético.

O único magnetófono que se conserva será o utilizado neste acto. Creado en 1939, este aparato constituía unha autentica revolución, xa que permitía gravacións de sons nun soporte de fíos de aceiro de 0,1 milímetros de espesor.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt