El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Temor no Castiñeiriño pola instalación dunha gasolineira

ECG   | 12.01.2019 
A- A+

Santiago. A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín Rei, trasladará ao Pleno as demandas da veciñanza do Castiñeiriño para vixiar as posíbeis afectacións da solicitude para a instalación dunha nova gasolineira neste barrio. No barrio do Castiñeiriño a veciñanza expresou o seu malestar ante o anuncio da instalación dunha gasolineira nunha zona próxima a vivendas, ante o temor de que este negocio vaia provocar problemas de seguranza.