El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Teófilo Comunicación edita “Una hermanita nacida en el corazón”

Parte dos ingresos pola venta de exemplares se destinará a “Juntos podemos” e a Fundación Andrea

PORTADA DEL NUEVO libro de Teófilo Edicións, escrito por la compostelana María Castro
PORTADA DEL NUEVO libro de Teófilo Edicións, escrito por la compostelana María Castro

REDACCIÓN SANTIAGO  | 25.03.2013 
A- A+

Teófilo Comunicación, a través da súa división editorial Teófilo Edicións, ten desde hoxe a disposición do público nas librarías un novo proxecto editorial “Una hermanita nacida en el corazón”. Trátase dunha incursión no ámbito da literatura infantil, dun pequeno conto que reflicte a sensibilidade e tenra experiencia dunha nena diante da adopción dunha irmán, de orixe vietnamita, por parte dos seus pais.

A publicación destinada aos máis pequenos da casa -a partir de seis anos- inclúe unhas coloristas ilustracións de dous recoñecidos pintores e ilustradores: o mexicano Augusto Metztli, e a arousán Marta Rial Vázquez, “Marthazul”.

Estamos diante dunha entrañable obra escrita pola compostelán Mª José Castro Gigirey, coñecida pola súa dedicación a causas solidarias entre as que destaca a súa labor na Fundación Andrea e na campaña “Juntos podemos”, asociacións ás que decidiu destinar os dereitos de autor da súa obra.

Ademais da autora, tanto “Gráficas Garabal”, que imprimiu o libro, como “Torraspapel” que aportou o material, a encadernadora “Grafoplas”, e a propia editorial Teófilo Edicións tamén se sumaron a esta boa causa, e decidiron ceder parte dos seus respectivos ingresos pola realización deste conto ás mencionadas asociacións composteláns.