El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Un proxecto educativo compostelán obtén un dos primeiros premios europeos eTwinning

13.02.2013 
A- A+

O Departamento de Cultura colaborou con Marcos Vence Ruibal, profesor do IES San Clemente nun proxecto de colaboración escolar en Europa. Esta iniciativa, na que o autor veu participando durante tres anos acaba de gañar o Premio Europeo eTwinning 2013 na categoría de alumnado de 16 a 19 anos.

O proxecto, denominado Pek, A pulga viaxeira 3 – Evolución, contou tamén coa colaboración doutro profesor de Vilagarcía de Arousa e doutros dous de Nájera, polo que se refire á participación española. Ademais, formaron parte do proxecto representantes franceses, italianos, turcos, búlgaros, portugueses e checos.

O resultado do proxecto foi a elaboración dun cómic publicado en todos os idiomas das escolas participantes. Permitiu traballar en torno ás linguas, á creación de historias, ao deseño e a diferentes ferramentas informáticas.