El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Un rapaz de Arteixo gaña o I Premio Guillermo Domínguez

É a primeira edición deste concurso que rende homenaxe a este profesor do Xelmírez I

Cartaz que anuncia o I Premio Guillermo Domínguez
Cartaz que anuncia o I Premio Guillermo Domínguez

SANDRA CUIÑA. SANTIAGO  | 31.05.2013 
A- A+

O I Premio de Ensaio Subversivo Guillermo Domínguez, convocado polo instituto Xelmírez I, foi a parar a Iván Rocha Regueira, alumno do IES Manuel Murguía de Arteixo, polo seu ensaio Consideraciones sobre la desaparición. O premio está dotado con 300 euros e un lote de libros.

O xurado motivou a súa decisión en base á calidade deste traballo segundo aspectos formais, de contido e da actitude amosada. Nesta liña destacan a solidez da estrutura argumentativa, a frescura e orixinalidade nas expresións, o dominio de léxico axeitado e o estilo impecable na exposición. Así mesmo, a proposta dunha apoloxía da identidade e da individualidade como plataforma para unha praxe transformadora efectiva entronca co carácter crítico e subversivo do premio.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt