El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Unha ollada diferente na Fundación Granell

O Museo do Pazo de Bendaña acolle a exposición “Vexo ao meu xeito”, unha mostra posta en marcha pola Asociación Tiresias Galicia para sensibilizar e visibilizar a discapacidade visual// A mostra amosa 20 fotografías cos ollos e o día a día de persoas con baixa visión.

CORREO TV-SANTIAGO DE COMPOSTELA  | 14.09.2018 
A- A+

A Fundación Granell ven de inaugurar a exposición “Vexo ao meu xeito”, un proxecto fotográfico posto en marcha pola Asociación Tiresias Galicia, Discapacidade visual: B1+B2+B3. Trátase de 20 fotografías nas que podemos achegarnos aos problemas diarios das persoas que, ainda que ven, non ven ben e que se atopan con ducias de atrancos no seu día a día. Os seus autores son Mateo Liébana e Matías Sánchez, este último cunha discapacidade visual. Ambos conseguiron plasmar na mostra os ollos de 20 persoas con problemas de visión e cómo lles afecta na súa vida cotiá. A exposición permanecerá no Pazo de Bendaña ata o 14 de outubro en horario de mañá e tarde. A entrada é de balde.