El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

V Carreira e Andaina Solidaria a favor da Esclerose Múltiple

ECG   | 16.05.2019 
A- A+

No Centro de Rehabilitación Integral da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM), sita na rúa Queixume dos Pinos, s/n, terá lugar o vindeiro día 21, ás 12.00 h., a presentación da V Carreira e Andaina Solidarias pola EM, mediante unha rolda de prensa que contará coa asistencia e intervención do padriño da carreira, o intérprete, músico e compositor galego Fredi Leis e a concelleira Concha Fernández, xunto a representantes dos grupos municipais do PP, PSOE e BNG.

Por outra banda, presentarase o spot publicitario da carreira, no que colaboran, animando a participar nesta iniciativa, diversos persoeiros da vida socio-cultural, así coma persoas afectadas de EM, familiares e coidadores.

A carreira celebrarase o 9 de xuño, a partires das 11 da mañá, no Campus Sur e na Alameda, co obxectivo de visibilizar a enfermidade e recadar fondos para atender ás necesidades dos afectados pola doenza, contribuíndo así a mellorar a súa calidade de vida.

A iniciativa consta de dúas modalidades: Carreira (para todas as idades) e Andaina, dende pitufos (ano de nacimento 2014-actualidade), ata veteranos, dende 45 anos.

O custo da inscrición é de 6 € para calquera das modalidades e pódese realizar a través da web http://polaesclerose.galitiming. ou presencialmente na ACEM.