El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Visitas guiadas hoxe e mañana á cámara escura da Casa do Cabido

As visitas a cámara escura da Casa do Cabido comezaron onte. - FOTO: Consorcio
As visitas a cámara escura da Casa do Cabido comezaron onte. - FOTO: Consorcio

REDACCIÓN   | 12.01.2019 
A- A+

FOTOGRAFÍA O Consorcio de Santiago vai celebrar esta fin de semana unhas xornadas de portas abertas para coñecer a cámara escura da Casa do Cabido, na Praza de Praterías. É unha iniciativa dirixida a todos os cidadáns e visitantes, en particular aos máis pequenos da casa. Un fotógrafo será o encargado de realizar estas visitas guiadas, que permitirán aos asistentes achegarse á física e ao principio da fotografía.

Hoxe haberá tres visita pola mañá, que comezarán ás 11.30 e seguirán ás 12.15 e ás 13.00 horas. E pola tarde serán ás 16.15 e ás 16.45 horas. Mañán celebraranse as tres visitas da mañá. Non é necesario inscribirse nas mesmas, simplemente estar na Casa do

Cabido ao inicio dalgunha das horas previstas. Só deberán concertar previamente a visita os colexios ou grupos a partir de 15 persoas, chamando ao teléfono da Casa do Cabido

(981 576 661). O efecto "cámara escura" recreado na Casa do Cabido permite experimentar a sensación de estar no interior dunha cámara fotográfica. E ofrece momentos máxicos coa proxección do fascinante escenario urbano da praza das Praterías sobre as paredes interiores deste edificio barroco.