El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

A Xunta achega 10.000 € á Fundación Andrea de axuda aos nenos enfermos

A conselleira de Política Social, Fabiola García (dereita), con Charo Barca - FOTO: Xunta de Galicia
A conselleira de Política Social, Fabiola García (dereita), con Charo Barca - FOTO: Xunta de Galicia

REDAC.   | 09.11.2019 
A- A+

SOLIDARIEDADE A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou onte a solidariedade e a tarefa que desenvolve a Fundación Andrea, sempre ao carón das familias con nenos que padecen enfermidades longas ou terminais. Díxoo tras renovar coa presidenta desta entidade, Charo Barca, o convenio de colaboración co fin de dar continuidade ao desenvolvemento do programa Soporte Vital, dirixido a apoiar aos pais con escasos recursos que teñen un fillo nesta situación. Política Social achega 10.000 euros para facilitar que as familias poidan afrontar os gastos que se produzan polo tratamento dos menores tanto no fogar como no hospital. Trátase de que estas poidan afrontar os custes de traslado, aloxamento e manutención, a asistencia a sesión de fisioterapia, logopedia ou musicoterapia, os gastos en equipamentos ortopédicos ou os derivados da adecuación das vivendas ou vehículos para nenos con discapacidade. Esta organización realiza diferentes proxectos, como terapia familiar, apoio psicolóxico individual, dulcificación de espazos pediátricos hospitalarios ou As Casiñas, que son vivendas temporais situadas cerca do CHUS.