Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Emoción na tradicional misa votiva por Rosalía

A homilía estivo presidida polo bispo auxiliar e, entre outros, asistiron o vicepresidente segundo e dous conselleiros

Doce anos leva o Foro Galicia Milenio- que preside o catedrático de filosofía da USC Marcelino Agís Villaverde– organizando a misa en lembranza de Rosalía de Castro e a posterior ofrenda floral no Panteón de Galegos Ilustres na Igrexa de San Domingos de Bonaval. Hai que viaxar ata o ano 1932 cando os dous vellos galeguistas composteláns: Xosé Mosquera Pérez e Manuel Beiras García comezaron a preparar o histórico acto.

Poder retomalo no 2008 foi posible grazas aos esforzos de Xerardo Fernández Albor, Carlos Baliñas e Marcelino Agís, que manifestaron ao arcebispo de Santiago en visita institucional o desexo de que esta tradición non se perdera. Dende ese momento sumáronse á organización un conxunto de institucións de fundacións galegas.

A misa por Rosalía tivo este ano un carácter especial debido á aplicación de normas estrictas para evitar a propagación do coronavirus polo que o acto contou con presenza reducida. O aforo do templo limitouse a unhas corenta persoas entre as que se atoparon o presidente do Parlamento galego, Miguel Ángel Santalices; o vicepresident segundo da Xunta, Francisco Conde; os conselleiros de Cultura e Educación, Román Rodríguez, e de Mar, Rosa Quintana, e o secretario de Política Lingüística, Valentín García, entre outros.

O bispo auxilir, Francisco José Prieto eo deán da Catedral, Fernández Lago foron os encargados de presidir a misa.

Durante as intervencións na celebración relixiosa tívose un recordo tanto para Rosalía de Castro como para outros galeguistas e mesmo para o expresidente, Fernández Albor, que durante moitos anos foi o gardián da memoria nun data tan señalada para todos os galeguistas que loitaron polo futuro da nosa comunidade.

RECORDO DA HOMENAXE A XAIME ISLA. Un ano máis non hai que olvidar a homenaxe que o presidente de Galicia Milenio, Marcelino Agís Villaverde fixo desde a Galicia democrática e libre a Xaime Isla Couto o ano pasado.

[...] “En 1969, a policía desfixo violentamente a pequena concentración que cantaba Venceremos nós na escalinata de Bonaval á saída da misa de Rosalía, e alí detiveron a Xaime Isla Couto”, alma mater de ­Galaxia, por gritar Viva ­Galicia Ceibe-.

26 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito