Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cal é o teu punto de vista sobre o aspecto das escaleiras do Hórreo? // O acceso a pasarela é provisional, insisten as administracións // A malla amarela da nova rúa encapsulada responde a adaptabilidade por cuestións meteorolóxicas

E ti, que opinas da nova estación? Participa na enquisa // Son moitas as dúbidas que provoca a nova estación intermodal entre a veciñanza, moi crítica particularmente coas novas escaleiras de acceso á pasarela. Tal e como explicaron tanto Xunta como Concello nos últimos días, esta trátase dunha solución provisional á espera de que se realice a remodelación da rúa do Hórreo, o proxecto que complementará á nova e moderna estación compostelá. A maiores, o conxunto da intermodal non luce neste momento o seu aspecto definitivo, o cal estará listo unha vez rematada a obra da futura estación do AVE, que conectará coa actual e co lado esquerdo da pasarela -visto desde o Hórreo-, tal e como se aprecia na segunda imaxe da galería. Outro dos aspectos que máis chama a atención son as paredes da pasarela, que finalmente non locen o aspecto acristalado que moitos tiñan en mente. Este punto débese, tal e como aclarou esta semana en Onda Cero o arquitecto da obra, Juan Herreros, que “el cierre de la pasarela está pensado para tener una fachada acristalada hacia la estación con la que estará en contacto. La pasarela muestra una malla o una red para que el agua no penetre y como está en contacto con el exterior tiene un metal que es extraordinariamente permeable a la vista y por la noche será muy transparente”.

16 abr 2021 / 11:08
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.