Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Envío de 14.000 máscaras e 18.800 luvas a entidades sociais

    Xunta. A Xunta vén de facer un novo envío de material de protección fronte á covid-19 con destino ás residencias e entidades sociais da área de Santiago. Nesta comarca a partida inclúe 14.087 máscaras e 18.800 luvas. Entre as partidas enviadas esta semana incluíronse tamén botes de xel hidroalcohólico e garrafas de desinfectante. No reparto de material tivéronse en conta as peticións que os propios centros e entidades trasladaron á Xunta tendo en conta as súas necesidades. Ata agora, o Goberno galego leva realizado 18 envíos de material aos centros sociais da comarca con material de protección desde o inicio da crise. ECG

    01 ago 2020 / 23:03
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito