Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Esixen o arranxe urxente das deficiencias na zona da Ponte de San Lázaro

demandas. Os Populares esíxenlle ao goberno de Bugallo que arranxe as múltiples deficiencias que existen na rúa Ponte de San Lázaro para evitar o perigo que supón o estado desta zona para a veciñanza.Hai uns días, o candidato á alcaldía compostelana polo PP, Borja Verea, fixo unha visita á zona e puido contemplar, sen dificultade, as múltiples deficiencias que sofre esta parte de Santiago, unha situación de “desleixo e pereza” que non é novidosa “para o Goberno de Bugallo, quen parece non ter tempo ou interese” en arranxar ata as cousas máis sinxelas do Concello, sinalou.

Nunha reunión coa veciñanza, Verea recolleu as súas peticións que pasan por levar a cabo un asfaltado que vaia desde rúa do Agro dos Mozos ata a rúa Mallou e poñer as correspondentes beirarrúas, posto que nesta zona existe moito tráfico e os vehículos pasan a velocidades moi elevadas, o que supón un perigo para os peóns que transitan por esta vía. Así mesmo, os veciños quéixanse da acumulación de lixo nas proximidades do río que, ao non ser retirado a tempo, moitas veces acaba provocando crecidas que anegan esta área e a súa contorna. Outra das preocupacións da veciñanza é a ponte de enriba da circunvalación, principal vía de conexión co resto de San Lázaro, que se inunda cada vez que chove e convértese en intransitable. ecg

24 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.