Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Estiman en máis do 65 % o respaldo á folga no CHUS dos otorrinos

A Xerencia, ante a falta de acordo, trasladou a situación ao servizo de Inspección da Consellería de Sanidade

Santiago. CCOO destacou onte o seguimento maioritario da folga do persoal facultativo fixo do servizo de Otorrinolaringoloxía (ORL) do Clínico de Santiago (CHUS), que cifra “nun 65 % e levou á suspensión de case setenta consultas”. O sindicato insta a xerente da área sanitaria, Eloína Núñez, a “solucionar dunha vez” un problema “do que é coñecedora desde hai medio ano”. En caso contrario, o persoal ten previstas máis xornadas de folga, en concreto os días 10, 13, 21 e 29 de decembro. Afirman que existe un conflito polo tratamento persoal e profesional entre o xefe de servizo e a maioría dos facultativos, “que foi aumentando en número de afectados, así como na intensidade das faltas de respecto, humillacións e menosprezos”.

Califican a actitude da Xerencia de “complicidade dos graves feitos denunciados, xa que os coñece desde hai meses e ten a competencia”. Polo momento, a resposta é “lavar as mans» e derivarlle á Inspección a posible solución. Asemade, a organización “imposta polo xefe do servizo está a provocar un caos organizativo, con cargas de traballo moi desiguais para os distintos profesionais, tanto no que respecta ás axendas —algunhas teñen un ou tres doentes, pero hai outras con vinte— como ás intervencións cirúrxicas”.

Non manter a equidade nas intervencións, sinalan, “pode ser unha perda de competencia para os profesionais afectados, e afectar a da calidade da asistencia”.

CALIDADE “GARANTIDA”. Fontes da Xerencia compostelá aseguráronlle a Europa Press que a “calidade asistencial que ofrecen os profesionais” do Servizo de Otorrinolaringología aos pacientes “está garantida”. Sobre o conflito entre os profesionais, a Xerencia explicou que desenvolveu “un labor de intermediación intensa desde o inicio das desavinzas internas entre os profesionais do servizo”. “Onte (polo martes) mesmo mantivo un novo encontro”, abundou. No entanto, por parte desta administración santaria aseguran que “ante a falta de acordo entre os profesionais” elevou “a situación” ao servizo de Inspección da Consellería de Sanidade. Sobre o seguimento da xornada de folga deste mércores, 1 de decembro, por parte da Xerencia compostelá sinalaron que se sumaron ao paro sete profesionais dos 18 que compoñen o servizo no CHUS.

02 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.