Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Estrea internacional de ‘3Caminos’ en Amazon Prime Video: o 22 de xaneiro

É a grande aposta audiovisual da Xunta para a promoción do Xacobeo 2021 e a difusión dos valores da Ruta entre unha audiencia global // Conta cun elenco de actores de primeiro nivel

3Caminos, a primeira serie internacional e transmedia sobre o Camiño de Santiago, estrease en exclusiva en Amazon Prime Video o próximo 22 de xaneiro en más de 100 países dos cinco continentes. Trátase da principal produción audiovisual do Xacobeo 2021, para a que a empresa compostelá Ficción Producciones contou cunha subvención de 1,5 millóns de euros por parte da Xunta de Galicia como adxudicataria dunha convocatoria específica da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para obras audiovisuais que difundan os valores da Ruta Xacobea e a imaxe de Galicia cara á celebración do vindeiro Ano Santo.

Con motivo da estrea, Santiago será ademais o escenario real dunha campaña publicitaria especialmente deseñada para a ocasión e de varios eventos de promoción nos que participarán os actores e actrices protagonistas da serie, que se rodou, pese as dificultades derivadas da crise sanitaria do coronavirus, en diferentes localizacións das provincias de Lugo e A Coruña, como O Cebreiro, Samos, Compostela ou Fisterra, entre outras.

Dirixida por Norberto López Amado e Iñaki Mercero, a serie está protagonizada por Álex González, Verónica Echegui, Anna Schimrigk, Andrea Bosca e Alberto Jo Lee, que dan vida a cinco amigos de diferentes nacionalidades unidos polo Camiño de Santiago.

A súa historia estrease en exclusiva en Amazon Prime Video, plataforma implicada tamén neste proxecto de Ficción Producciones xunto co grupo alemán Beta Films, diferentes coprodutoras de Italia, Corea do Sur, México e Portugal, Radio Televisión de Portugal (RPT) e Cinemate. Poderá verse, así mesmo, na Televisión de Galicia.

Deste xeito, 3Caminos contribuirá á difusión do Camiño de Santiago e do Xacobeo 2021 en todo o mundo, ao tempo que servirá de escaparate para promover a capacidade do audiovisual galego á fronte de proxectos de nivel internacional.

CINCO AMIGOS, TRES MOMENTOS, UN CAMIÑO. A produción –que se estrea o vindeiro 22 de xaneiro– incorporou durante a rodaxe á actriz mexicana Cecilia Suárez, moi coñecida polo seu papel de Paulina en La Casa de las Flores. E uniuse así a un reparto de primeiro nivel que compoñen “cinco amigos”: Jana, Luca, Roberto, Yoon Soo e Raquel.

Tal e como destacan os responsables desta aposta audiovisual para o Xacobeo 2021, “o espectador asistirá á transformación e o crecemento persoal de cada un deles e contemplará como o paso do tempo vai modificando os soños, tecendo e destecendo parellas e amizades, e transformando as personalidades dos cinco en tres momentos concretos, os anos 2000, 2006 e 2021, nos que compartiron peregrinación ata Compostela”.

‘FEEL GOOD’. Mediante estes personaxes, 3Caminos faise eco das miles de vivencias que se suceden cada ano ao longo da Ruta Xacobea, que dalgún xeito se converte nunha protagonista máis desta produción de ficción.

Trátase dunha serie feel good que busca resaltar os valores e as bondades dunha ruta de peregrinación que une as culturas e as realidades máis diversas nun espazo con infinidades de oportunidades de intercambio.

“Es una historia hermosa y un viaje muy bonito”

··· “Los actores han estado maravillosos, y el resultado es muy hermoso, gracias a que el Camino te ayuda a conectar a nivel personal de una manera increíble”. Deste xeito, Norberto Pérez, codirector da serie 3Caminos, destaca de que maneira a Ruta Xacobea permite establecer unha profunda relación de amizade entre os protagonistas. “Son cinco amigos que se conocen haciendo el Camino, que realizan el viaje en tres ocasiones 2000, 2006 y 2021, y la historia muestra el proceso de maduración que viven a lo largo de los años y como sus sueños van cambiando”, recalca o realizador ourensán, quen valora, ademais, que toda a rodaxe foi espectacular. “Aquellos que vean la serie se van a emocionar; es una historia hermosa y un viaje muy bonito”, incide.

27 nov 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito