Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Exemplo europeo de modelo educativo no Xelmírez I

O instituto compostelán foi o único de España en coordinar dous proxectos dentro do programa Erasmus +: un sobre acoso escolar e outro sobre o Camiño // Hoxe recibiu a visita do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez

“Sodes un exemplo dun modelo educativo que aposta por tecer redes no ámbito europeo e internacional da man da calidade e a innovación educativa”. Con estas palabras, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, puxo en valor a labor realizada polo instituto compostelán Arzobispo Xelmírez I. Trátase do único centro en España que coordina dous proxectos dentro do programa Erasmus +: un sobre acoso escolar e outro sobre o valor do Camiño de Santiago. Esta mañá celebrouse a xornada de presentación das conclusións dos dous proxectos, Tric: Bullying & Ciberbullying e +Camiño UnE, á que acudiu o conselleiro, quen estivo acompañado polo director do centro, Manuel Portas.

Tric: Bullying & Ciberbullying céntrase en que o profesorado e alumnado estude e tome conciencia mediante a realización de traballos e reunións conxuntas do que é o acoso e o ciberacoso e como combatilo. Entre as actividades realizadas figuran obras de teatro, documentos de boas prácticas e unha ampla difusión dos resultados entre a comunidade educativa e na súa contorna (coas familias e a nivel local, etc). O valor engadido do proxecto é poder estudar esta realidade a nivel europeo e tomar acordos que poidan axudar a revisar as políticas internas dos propios centros para atallar esta problemática. Nesta iniciativa, o instituto santiagués contou con socios de Romanía e Italia.

No referido a +Camiño UnE, o proxecto baséase no estudo por parte de docentes e alumnos do impacto económico, comercial, de patrimonio, social e de sustentabilidade que afecta ás zonas por onde transcorre o Camiño de Santiago mediante distintas actividades e documentos conxuntos. Neste caso o Xelmírez I conta con dous socios franceses e un de Navarra.

27 abr 2021 / 12:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.