Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Festival de muralismo e intervencions urbanas

cultura O concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, presentou a cuarta edición do festival de muralismo e intervencións urbanas Compostela Contemporánea; que conta con dúas intervencións murais de gran formato e dúas clases maxistrais a alumnado do IES do Sar. Estivo acompañado de Marcos Couso Sánchez (Sokran) e Javier Mourón Figueroa (Mou), do estudo especializado en arte urbana, Mutante Creativo, que dirixe o evento. As dúas intervencións corren a cargo de dúas coñecidas e reputadas muralistas galegas, a ordense Lidia Cao, que xa está traballando na rúa Canteira de Arriba; e a compostelá Xoana Almar, que comezará a semana que ven na rúa do Restollal. Tamén hai programada unha Master Class sobre muralismo, o 26 e 27 de outubro, pola equipa de Mutante Creativo, que dará lugar tamén a unha nova obra co alumnado de bacharelato artístico do IES de Sar, que coñecerán as diferentes técnicas e procesos. ecg

15 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito