Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 17 septiembre 2021
03:26
h

Formación de canteiros en mantemento de pavimentos históricos

CONSORCIO. O curso Pavimentos Históricos en Santiago de Compostela é o primeiro dos tres cursos de formación e especialización de canteiros en tarefas de mantemento e conservación de pavimentos urbanos históricos que promove o Consorcio de Santiago no Centro Nacional de Formación de Referencia en materia de Rehabilitación da Fundación Laboral da Construción. Comezou o pasado venres. Os dous vindeiros cursos, Reparación de pezas de cantería en pavimentos e Emprego de morteiros no mantemento dos pavimentos, están programados para o vindeiro 30 de xullo e 10 de setembro, respectivamente.

Aínda quedan prazas dispoñibles para calquera traballador interesado. Os cursos impártense presencialmente de 8.00 a 15.00 horas no Centro de Formación da Fundación Laboral da Construción, situado na antiga curtidoría de Pontepedriña de Arriba. Son gratuítos e están abertos a calquera traballador ou técnico interesado na materia.

A reserva de praza pode facerse contactando directamente coa Fundación Laboral da Construción no teléfono 981 983 539, ou por correo electrónico no enderezo aruzo@fundacionlaboral.org.da. ECG

27 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito