Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
ENTREVISTA
Pablo Vázquez // Bloguero (@gallegoviajero) e telecomunicador. Fanático das tecnoloxías, do deporte e das viaxes.

“Galicia ten un montón de rincóns máxicos máis preto do que parece”

A ruta que máis disfrutei foi a do Monte Mustallar no Piornedo, pola súa dificultade e polas vistas, incribles dende a cima

Pablo Vázquez (Brión, 1989) é o creador do blog gallegosviajeros.com, un espazo no que amosa as súas viaxes e experiencias. Proximamente, compatirá en Instagram (onde suma máis de 15.000 seguidores) o seu paso polo Camiño de Santiago, saíndo dende O Cebreiro.

- Que se pode atopar un en @gallegoviajero?

Comparto posts informativos, consellos, actividades, propostas de aloxamentos e restaurantes, e todo tipo de información relacionada cos viaxes a través das miñas experiencias sexan boas ou malas, e tanto cando vou por Galicia coma polo resto de España e outros países. A miña paixón é animar a xente a descubrir lugares novos e que o viaxe sexa perfecto, e tamén é a filosofía do blog. Hai un montón de espazos fantásticos, moitas veces ao lado da casa, sobretodo en Galicia.

- Como é a persona que leva a conta?Quen é Pablo?

Considérome unha persoa moi comprometida cos meus proxectos, aos que lle poño toda a ilusión posible. Aínda que considero o blog e as redes máis ben un hobby, intento mantelos sempre actualizados e subir regularmente algunha cousa chamativa. Non só lle poño moitas ganas, senón que o fago dun xeito serio e embárcome nel por completo. Tamén axuda que son moi activo e quero estar facendo cousas continuamente.

- Se as redes son só un hobbie, cal é a túa dedicación profesional?

Técnico de telecomunicacións, e é unha sorte poder adicarme ao que me gusta. Son un gran fanático das tecnoloxías, do deporte, e das viaxes, e as tres cousas están presentes na miña vida. Estou moi contento na empresa na que traballo, grazas aos meus compañeiros, e son adestrador de rapaces nun equipo de fútbol, aínda que isto tamén e outro hobbie. Creo que son meus tres grandes pilares, de feito, gallegoviajero naceu misturando o primeiro e o terceiro. Plantexeime mostrar as viaxes axudándome das tecnoloxías, e saíu ben. Penso que a todo o mundo lle gusta ver recomendacións sobre algúns sitios, e en Galicia ás veces non é doado. Quizáis por iso está gustando.

- Ata agora non o consideraches un traballo coma tal, pero xa contas con máis de 15.000 seguidores en Instagram. Se esta comunidade seguise crecendo, considerarías dedicarte exclusivamente ás redes sociais e ao blog?

Rotundamente non. Poder dedicarme ás miñas tres grandes paixóns é xenial. Na empresa estou encantado, e fóra, igual. Mentres poida compaxinar todo e siga desfrutando como o fixen ata o momento, e agardo que así sexa, continuarei nesta dinámica. Se os hobbies se convertisen nunha obligación, probablemente deixarían de divertirme, mellor non facer cambios.

- Compartes lugares de Galicia, España, e todo o mundo. Como xestionas o teu tempo e enerxía para compaxinalo todo á vez?

Ás veces non é sinxelo e resulta complicado subir contenido regularmente, en ocasións tempo é precisamente o que me falta. Con todo, trato de ser constante e aproveitar os ratos libres. Calquera pode ser bo para achegarse a algún sitio dos que teño anotados nas miñas notas. Ademáis, é de especial axuda a motivación de coñecer novos lugares, a súa xente, as culturas... A xente tamén agradece que o comparta, iso é un “chute extra”.

- Vendo o teu feedback, que contenido é o favorito entre os teus seguidores?

Cada seguidor é un mundo, pero polas preguntas que me envían e os comentarios en xeral, o que mellor funciona é o de Galicia. Eu son de aquí, a maioría do que subo é de aquí, e a maioría dos seguidores tamén. Se a todo isto lle sumas que a comunidade ten uns recursos naturais increíbles (e moitas veces, ao meu parecer, infravalorados), o normal é que funcione ben. Tamén hai outros seguidores máis interesados nas viaxes polo exterior, pero o máis exitoso é Galicia sen dúbida. Agardo que a conta siga crecendo en todas partes.

-As rutas de sendeirismo semellan estar moi presentes. Cal é a túa favorita ou a que disfrutaches máis? E a que menos?

Adoro o deporte e en Galicia está moi ligado á natureza, por iso fago sendeirismo con frecuencia. Ao mellor pola súa dureza (especialmente ao final) a que máis disfrutei foi a subida ao Mustallar, no Piornedo. Ten unhas vistas espectaculares na cima, vénse unhas pallozas moi características... non é para calquera, pero recomendo facelo. A do Monte Pindo tamén é preciosa.

Nunca me decpcionou unha ruta, sempre me informo antes de realizalas, polo que é extraño que me leve unha sorpresa. O que sí molesta ás veces é atoparse lixo en sitios nos que non debería estar.

- O Camiño de Santiago parece axustarse aos teus gustos. Fixéchelo algunha vez? Que tal a experiencia?

Realicei diversas etapas, tanto a pé coma en bici, pero o certo é que nunca o completei. Precisamente estou planeando facelo este verán, e transmitilo nas plataformas, pero aínda teño que cadrar as vacacións. Se todo sae según o esperado, farei o Camiño Francés dende O Cebreiro. Teño moitas ganas, nas etapas que fixen o ambiente era moi distinto ao das demáis viaxes.

- Durante o confinamento, imaxino que che resultou imposible realizar a maioría destes plans. Como viviches esa época?

Os viaxes paráronse por completo, pero a conta seguiu activa. É imposible compartir todo a medida que se fai, polo que tiña moito material acumulado e axudoume a actualizar o blog eses meses, intentando entreter á xente. Ademáis, aproveitei para facer e recomendar as visitas virtuais aos museos e cidades que o permitiron.

- Ademais do Camiño, ¿tes algunha viaxe ou saída en mente? ¿A qué sitios lles tes máis ganas?

Acabaría antes dicindo os sitios aos que non teño ganas de ir (entre risas). Os lugares aos que quero viaxar son innumerables, proximamente gustaríame visitar Marruecos, que está preto, Bali, ou mesmo New York. En Galicia tamén me quedan un montón de rincóns máxicos por ver.

-Para rematar. Algún lugar para desconectar da rutina e descansar?

As opinións neste aspecto serán moi distintas. Galicia en xeral é axeitada para isto, e eu teño predilección pola praia de Rodas, nas Illas Cíes, aínda que está moi masificada comprensiblemente. As cabanas de Cangas serían máis axeitadas para desconectar. Cando fun tratáronme xenial, están aisladas e rodéaste de natureza. É un espazo realmente magnífico para descansar.

14 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.