Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Graduados 49 alumnos da IX promoción do grao de Química da USC

Santiago. 49 alumnos e alumnas pertencentes á IX promoción do grao de Química da USC graduáronse o pasado venres na Aula Magna da facultade. O acto foi presidido pola decana do centro, Pilar Bermejo, e a el acudiu o decano do Colegio de Químicos de Galicia, Manuel Rodríguez Méndez. A madriña foi a profesora do departamento de Química Inorgánica, Ana María González Noya.

Baixo o protocolo sanitario vixente, cada un dos alumnos foi chamado a recoller a súa banda. A decana da facultade agradeceu o esforzo do alumnado e o apoio das súas familias para conseguir o obxectivo da graduación “nun momento duro” da pandemia. Tamén agradeceu a labor do profesorado, que conseguiu que os estudantes remataran a carreira “en prazo”. Destacou que a IX promoción “adquiriu a capacidade de aprender”, que exercerá durante “toda a súa vida”. A decana deulle un último consello aos graduados: “Encarade o futuro con optimismo”.

27 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito