Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Homenaxe a Ánxel Casal a través dunha mostra e un documental

A Bilblioteca Pública de Xoán XXIII acollerá unha visita guiada e unha proxección o mércores

Santiago. A AC. O Galo de Compostela organiza unha visita guiada á exposición 125 anos con Nós, ademais da proxección do documental Ánxel Casal, a luz impresa, como honra a á traxectoria desta figura. A actividade, que nace impulsada por Galiza Cultura, federación á cal pertence, terá lugar na Biblioteca Pública Ánxel Casal, situada na Avda. Xoán XXIII, o vindeiro mércores ás 17.45 horas. A mostra encargouse de levala a cabo a AC. Ánxel Casal de Arzúa, tamén integrante de Galiza Cultura, para así lembrar que a Ánxel Casal se lle debe adicar o Día das Letras Galegas.

O documental está realizado e dirixido por Xoán Leira -comisario e guía da mostra-, ten unha duración de 45 minutos e aborda a traxectoria deste insigne persoeiro do primeiro terzo do século XX.

A mostra amosa o labor deste editor e político galego que tanto colaborou para difundir a cultura galega a través da edición de libros, periódicos e revistas que, a día de hoxe, son referentes. É unha figura decisiva ao converter a súa imprenta e editora situada da rúa do Vilar de Santiago, nun lugar de xuntanza para a intelectualidade da época, así como para universitarios preocupados pola situación politicocultural. Ánxel Casal foi tamén acalde republicano da cidade de Compostela, motivo polo que foi asasinado polas forzas franquistas

Para asistir, é preciso anotarse en comunicacion@ogalo.gal indicando nome, apelidos e teléfono, antes das 12.00 horas do próximo mates. A admisión será comunicada por correo electrónico. ECG

28 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito