Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
ESCULTURA

Homenaxe a todas as peregrinas que chegan cada día a Compostela

Ata o 4 de decembro de 2021 no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela

A mostra ‘Próxima parada. As peregrinas toman a cidade’, comisariada por Gemma Sesar, está formada por once esculturas policromadas realizadas en madeira. É unha homenaxe a todas as peregrinas que chegan cada día a esta cidade. Cada unha delas levan ás costas unha alegoría das diversas etapas da vida de calquera peregrina, de calquera muller.

Durante moitos anos, cando se falaba do Camiño mostrábanse sempre imaxes de peregrinos –en masculino-, ataviados coas súas mochilas, suorentos e coas botas pisando forte. Con estas imaxes queríase representar unha experiencia difícil na que era necesaria a forza para chegar a Santiago. A pesar desta idea, á que nos fomos afacendo, ao longo da historia existiron mulleres ilustres e anónimas que cargaron a mochila ao ombreiro e emprenderon o camiño a Compostela.

Con esta mostra, a través das once esculturas policromadas realizadas en madeira polo artista Álvaro de la Vega, rendémoslles homenaxe a todas as peregrinas que chegan cada día a esta cidade. E, asemade, queremos que todas as mulleres sexamos as protagonistas porque cada día percorremos o noso camiño, con etapas máis difíciles e outras máis doadas, na procura dun destino, cargadas co peso de todo o vivido... Por iso, estas peregrinas levan ás costas un bebé, unha cadeira, un paraugas ou unhas ás, metáforas todas elas que Álvaro de la Vega utilizou para exemplificar a vida de calquera peregrina, de calquera muller.

30 oct 2021 / 12:14
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.