Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Julia Rey Brandariz, mellor traballo fin de mestrado en Epidemioloxía

É un recoñecemento que otorga a Sociedade Española desa especialidade

Santiago. Julia Rey Brandariz acaba de ser recoñecida pola Sociedade Española de Epidemioloxía polo seu traballo Mortalidade atribuída ao consumo de tabaco nas Comunidades Autónomas de España, 2017, dirixido pola profesora Mónica Pérez Ríos, da Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC, e co dirixido por María Isolina Santiago, da Dirección Xeral de Saúde Pública. Rey Brandariz foi recoñecida co premio ao mellor Traballo Fin de Mestrado en Epidemioloxía e Saúde Pública de entre todos os realizados nos mestrados de Epidemioloxía e Saúde Pública impartidos en universidades españolas. O traballo foi publicado na Revista Española de Cardiología unha das publicacións internacionais máis importantes. Segundo os datos de Julia Rey, en 2017 morreron en España 53.825 persoas maiores de 35 anos, un 13% das mortes totais, debido ao tabaco. Preto dun 30 % de todas as mortes atribuídas ao tabaco foron por cancro de pulmón, seguido de enfermidades cardiovasculares e enfermidade pulmonar obstrutiva crónica. Segundo o estudo de Rey Brandariz, en Galicia rexistráronse máis de 3.600 mortes relacionadas co tabaco durante ese ano. ecg

15 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito