Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 24 enero 2022
10:48
h

Limitacións á circulación rodada na zona monumental

INSTALACIÓN. A rúa das Orfas, Travesa do Franco e rúa do Vilar quedarán pechadas ao tráfico na vindeira semana por mor instalación de cámaras de tráfico, dentro do proxecto Smartiago. A rúas das Orfas: dende o 17 de xaneiro, durante unha semana; a Travesa do Franco e Rúa do Vilar, dende o 24 de xaneiro, durante dúas semanas. O paso peonil permitirase en todo momento. Tamén se permitirá a circulación de vehículos e persoas pola praza do Toural. O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar, especialmente a comercios e locais da hostalaría. ecg

14 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito