Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Loquis, a vida dun amante da natureza

No In Memoriam publicado por este xornal o día 25 de outubro o dia seguinte da morte de Loquis, o director de El Correo Gallego solicítame un artigo máis profundo con fotos, biografía, obra e anécdotas curiosas da súa autoría.

Sabiamos que Loquis tiña grandes desexos de viaxar e coñecer outros mundos, motivado polas películas que vira de neno. Fascinábanlle as paisaxes e os lugares remotos onde se desenvolvían os filmes. Aos 14 anos, o seu pai mándao a estudar a París! Cidade que a ámbolos dous nos fascina. En conversas e con amigos, empregabamos o francés, para destacar unha frase, nada fácil de atopar en galego ou castelán como p. ex., é “prise en charge” (asumir a responsabilidade dalgún).

Reclamado polo servicio militar, e sabedor que lle tocaba ir o Sáhara, animouse inmediatamente e regresa de París. Unha das súas grandes paixóns, era o deserto do Sáhara, que tivo ocasión de percorrer ao longo da mili a través de moitos miles de quilómetros. Volvería en mais dunha ocasión o Sáhara e visitaría Arxelia, Marrocos... eran os lugares desérticos e insólitos do mundo, os que lles atraian.

Moito nos ten falado, a redor da cultura e forma de vida dos bérberes, tuareg, reguibat, hausa, nemadis ou chaamba. Ca súa compañeira Cecilia atravesaron en varias ocasións Europa co seu Nissan Patrol, e desde Turquía, cruzaban o Bosforo ou estreito de Istambul, para achegarse o Oriente Medio, e visitar países como Siria, Irak, Iran...Porén o Sáhara foi para Loquis e Cecilia unha sensación de plena liberdade, onde sobre todo cos bérberes e tuaregs, compartiron o seu tempo, ofrecéndolle a hospitalidade dunha “jaima”, ou a sombra dunha acacia, a carón da degustación dun té. Africa, que a temos diante de nós, ten unha luz intensa, onde o tempo está adormecido e todo permanece quieto.

En 1984 Loquis crea a Organización Galega de Aventuras, pola paixón dos lugares afastados como Islandia ou Australia. Poren, o seu Nissan non era anfibio, e quería ir os lugares sempre por carreteira. Por outra banda, a transferencia e sintonía que tiña por Africa, ocupábanlle o seu tempo de viaxeiro imperecedoiro. Nunha ocasión preguntáronlle a Loquis (1989?), polo rally París Dakar, e a participación, no mesmo do Equipo galego, así como do seu impacto ecolóxico? “A xente –respondeu- debería preocuparse mais polos incendios forestais en Galicia, polas guerras do Próximo Oriente ou latino América, que por un grupo de vehículos que fan unha carreira polo Sáhara”.

As viaxes para Loquis foron a mellor fonte de cultura, sempre con un compoñente romántico e nostálxico: “O mellor momento dunha viaxe, non esta ao longo do tempo transcorrido, nin tan sequera despois ao contalo para que se morran de envexa as amizades, senón na súa planificación e preparación. Viaxo mais sobre o mapa que sobre o terreo”.

En Lugo, participou musicalmente co trío Los Tres Cepas, con Bobadilla e Antón Grande. Porén, Compostela seguramente, foi a cidade mais querida, na cal traballou no Centro de Calculo, grafista e colaborador de El Correo Gallego, no Centro rexional de TVE, e debuxante en numerosas publicacións, sendo pioneiro do cómic galego.

Compartía palestra diaria con un grupo de amigos entre outros, Fernando Acuña Castroviejo, Drácula, Pancho Valle Inclan...os seus amigos e amigas, que mais dunha vez pasabamos os fins de ano, que el organizaba eramos moitos e seguiremos celebrándoo a redor da súa memoria.

Viaxeiro, namorado da natureza, tertuliano ameno e ocorrente, home de mundo, sabedor de idiomas, sempre tiña presente aquela frase do Nobel Saramago: “Chegase antes a Lúa que o compañeiro que temos ao noso carón”, e Loquis sabia que a riqueza e cultura de Galicia, é inmensa e hai que coñecela e desfrutala.

04 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.