Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Máis zonas verdes no novo itinerario da rúa do Camiño Francés

O percorrido ten tres tramos e irá acompañado de vexetación autóctona e de iluminación

Santiago. A Xunta de Goberno local celebrada onte no pazo de Raxoi deu conta onte do proxecto consistente na creación dun itinerario accesible, cunha pendente sempre menor do 6 %, cosendo as cotas superiores da Rúa do Camiño Francés co patio do quinteiro, na entrada do Camiño a Santiago. O itinerario nace na Rúa do Camiño Francés, aproveitado a pendente descendente da propia rúa. O primeiro tramo conecta a cota superior coa plataforma intermedia na que se atopa o patio do quinteiro existente, dando continuidade ao mesmo e resolvendo o problema que actualmente xera esta desconexión. Desta plataforma parte o seguinte tramo, que conectará coa cota existente ao leste da parcela.

A continuación empeza o tramo final, que dará continuidade ao percorrido situándose no nivel de rúa inferior da Rúa Valiño. Préstase especial atención aos encontros entre os itinerarios e os muros que salvan as diferentes cotas, empregándose un tratamento de parterres con zonas verdes de baixo mantemento para suavizar o impacto. O percorrido irá acompañado de vexetación autóctona e dunha iluminación sutil que creará un percorrido agradable e que pretende pór en valor a traseira do edificio, actualmente deteriorada. REDAC.

04 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito