Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 27 noviembre 2021
18:28
h

Maratón de lectura na sede da Fundación E. Granell

Santiago. Continuando co seu obxectivo de promoción e apoio á literatura, un ano máis, a Fundación Eugenio Granell organiza o Maratón de lectura, que terá lugar o mércores 1 de decembro, coincidindo coa semana de celebración dos aniversarios de Eugenio Granell e Amparo Segarra.

Nesta ocasión dedica o Maratón a Francisco García Lorca, irmán menor de Federico e, como el, integrante da Xeración do 27. Granell mantivo una grande amizade con Francisco, e o seu arquivo garda mostra desta amizade coa correspondencia entre ambos. Contarán coa colaboración da Fundación Federico García Lorca.

A maratón desenvolverase de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. ecg

26 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito