Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Medalla de Galicia para o Dr. Carro, meu pai

Os país temos un orgullo innato cos nosos fillos “todo o que fan, ben feito está” e sempre son os máis mellores. Pero non hai nada de malo facelo a inversa, por iso digo que o meu pai foi o mellor do mundo. Intentarei argumenta dita afirmación de seguido:

Hoxe, domingo 24 de xullo, conceden as Medallas de Ouro de Galicia a 5 persoeiros, entre eles ó Dr. Xosé Carro Otero, meu pai. Tendo en conta que este recoñecemento, xunto as medallas Castelao, son as de maior importancia que concede a Xunta a personalidades galegas, podo sentir un orgullo enorme de que fose escollido para tal honra.

O doutor Carro rompe así cunha tradición na concesión de dita distinción, sendo o primeiro premiado en recibilo a título póstumo; aínda que en vida recolleu a medalla concedida a institución da Real Academia de Medicina e Ciruxía, como Presidente de dita Institución.

Os premiados de este ano 2022 ca Medalla de Ouro son persoas ou entidades que promocionaron e preservaron o Camiño de Santiago, fixeron crecer o fenómeno Xacobeo. O Dr. Carro coñecía e mantiña contacto con eles, especialmente co Excmo Sr. Arzobispo Julián Barrio Barrio e o Sr. Presidente do Comité de Expertos do Camiño Paolo Caucci von Saucken.

Cando recibín a noticia da concesión da medalla a título póstumo, sentín unha inmensa alegría e a certeza de que era merecedor da mesma.

Pepe Carro, así coñecido coloquialmente por moita xente, foi santiagués de nacemento e de corazón. Nado no ano 1942 no Cantón do Toural 6, na zona “vella” da cidade, fillo de José Carro García e de Agripina Otero, tivo “unha infancia feliz” cos seus irmáns Marisa, Tito e Tomás.

Pronto empezaría a ter inquietudes sobre a medicina, historia, arte, relixión e cultura, influído polo ambiente familiar dos seus 9 tíos, dos cales 5 eran médicos e 1 sacerdote. Este último era a quen máis admiraba, Xesús Carro García, un “home sabio” merecedor da medalla de ouro e título de fillo predilecto pola cidade de Santiago de Compostela.

A modo de anécdota, indicar que era tal o amor que tiña por Santiago de Compostela que da relación mantida ca Dra. María Luisa Varela Ogando tiveron 3 fillos: a primeira filla foi chamada Susana por ser Patrona da cidade; o segundo fillo Santiago, evidentemente por ser Patrón; e o terceiro, con quen xa non contaban, foi Gonzalo polo Dr. Gonzalo Pintos (mentor do meu pai).

A vida do Dr. Xosé Carro daría para facer unha biografía de varios volúmenes ou unha serie en Netflix de varias temporadas. Mostra sen dúbida da plenitud e capacidade de traballo que tiña en vida. Persona polifacética e hiperactiva, foi profesor de Mediciña na USC, Teniente de alcalde da cidade de Santiago (74-75), Concelleiro, Arqueólogo, Historiador, Comisario Xacobeo (91-93), Asesor Especial do Sr. Presidente Manuel Fraga Iribarne (1994-2005), Presidente da Real Academia de Medicina e Ciruxía de Galicia. Membro da “Real Academia Galega” e das 3 Reais Academias Nacionais Españolas “Historia”, “Bellas Artes de San Fernando” e “Medicina”; das 3 Academias “da Historia”, “Belas Artes” e “das Ciencias” de Portugal; e a “Academia de la Historia” da República Dominicana.

Gran Orador e comunicador, foi embaixador de Galiza no mundo, fixo 1103 conferencias de diversa índole en: Portugal, Andorra, Francia, Bélxica, Luxemburgo, Italia, Alemania, Rusia....publicou libros e guías relativas ó Camiño de Santiago en diversos idiomas. Profundizou no estudio dos diversos Camiños Xacobeos marítimos e terrestres. Estudou mulleres ilustres como peregrinas. Fixo estudos do Códex Calixtinus. Organizou Congresos e exposicións de temática histórico-artística da cidade de Santiago, de Galicia e do “Camiño”. Atopou unha moeda única sobre a “Traslatio do Corpo de Santiago Apostolo” no xacemento arqueolóxico Adro Vello.

Premiado con diversas condecoracións: En España ca Orden del Mérito Naval, Orden Civil de Sanidade, Orden do Mérito Civil, Orden de Isabel la Católica; Orden de Mérito Militar; en Portugal ca Ordem Militar de Santiago de Espada, Ordem Civil do Infante Dom Henrique, Real Ordem Sao Miguel da Ala, Real Ordem Dinástica Nossa Senhora da Conceiçao; na República de Sâo Tomé e Príncipe ca Ordem Sâo Tomé Apostolo.

Cando eu era un neno cría que meu pai era unha persoa “normal” polo humilde que era. Agora doume conta de que era un ser extraordinario e un verdadeiro sabio. Brindoume todo o que precisaba como fillo pero ademais a oportunidade de coñecer a xente, países, lugares, cultura, historia e arte.

Teño unha inmensa gratitude para/con el por todo iso e máis. Foise repentinamente un 23 abril do 2021, sen molestar a ninguén. Nun etapa da súa vida moi produtiva intelectualmente. Marchou en paz con todo o mundo e ca vida.

O meu pai estaría de aniversario este 31 de xullo, cumprindo 80 anos. Sirva este premio como o mellor dos agasallos que se lle poda facer. Por este motivo, quero agradecer enormemente a concesión deste premio ó Excmo. Sr. Presidente da Xunta Alfonso Rueda Valenzuela.

Agradecer así mesmo, os sentidos homenaxes feitos a título póstumo por parte do xerente do Hostal dos Reis Católicos o Sr. Santiago Carrera Cal, seu predecesor Sr. Julio Castro Marcote e todo o personal do mesmo; a Capitanía de Coruña Sr. Xeneral Juan Francisco Arrazola Martínez e Delegado Militar en Galicia Antonio Bernal Martin; a cátedra de Hidroloxía médica e Balnearios de Galicia Sr. Juan Jesús Gestal Otero; Mosteiro de San Paio de Altealtares á Abadesa Sor Almudena Vilariño e a toda a comunidade; o Excmo. Sr. Presidente da Real Academia de Medicina e Ciruxía de Galicia Francisco Martelo Villar, ilustrísimos académicos e secretarias, Ana e Luisa; a Miguel Villar polo recente Milario co seu nome en Lamela; Premio Elías Valiña.

Especial agradecemento ó Ilmo. Concello de Santiago, representado polo Excmo Sr. Alcalde de Santiago de Compostela Xosé Sánchez Bugallo, á Concelleira Urbanismo Sra. Mercedes Rosón Ferreiro e a tódolos concelleiros dos distintos partidos políticos do Consello Asesor de Condecoracións que aprobaron unánimente a concesión do título de fillo predilecto e o nome dunha rúa da cidade a Xosé Carro Otero.

Non podo rematar sen mencionar o apoio incondicional do Excmo. Sr. Rector da USC Antonio López e Sr. Emilio Ucha.

Darlle as grazas a estas e aquelas outras persoas que fixeron posible este premio e sirva este acto como sentido homenaxe de Galicia ó Dr. Xosé Carro Otero, meu pai.

24 jul 2022 / 02:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito