Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Melloras en espazos históricos como a Casa das Máquinas e A Rocha Forte

A xunta de goberno aprobou o contrato para levar a cabo tarefas de mantemento

O goberno municipal aprobou unha serie de expedientes adicados á mellora, rehabilitación e acondicionamento dalgúnhas zonas e edificios emblemáticos e históricos. Este é o caso do expediente denominado Execución das obras de rehabilitación do edificio Casa das máquinas. Acondicionamento interior, co fin de abrir o procedemento de adxudicación mediante modelo aberto simplificado. Este proxecto conta, ademais, coa autorización dun gasto de 166.904,43 euros. A Casa de Máquinas, chamada así por ser a antiga fábrica de Fenosa, situada en rúa das Galeras, pasou por un longo proceso de rehabilitación a través de diferentes obras adxudicadas polo Concello. Agora é o turno do acondicionamento interno, aínda que a reconversión nun “edificio multiusos”, non está de todo completa.

Esta actuación forma parte da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado do Concello de Santiago (Edusi Santiago) cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020 nun 80 por cento sendo o 20 restante responsabilidade económica do grupo municipal.

Por outra banda, o Castelo de A Rocha Forte, tamén coñecido polo Castelo dos Churruchaos, é un xacemento arqueolóxico e representa un dos castelos medievais máis emblemáticos da mitra compostelá. Nel constátase un período de ocupación desde, aproximadamente, o ano 1240 ata 1467, ano no que foi destruído ata os seus cimentos polos irmandiños na coñecida como Gran Guerra Irmandiña. Foi este lugar un escenario da historia de Compostela, que conta cun importante valor histórico para a cidade e a súa construción.

CONTRATO DE ACONDICIONAMENTO DO CASTELO. Por este motivo o Concello acaba de adxudicar un contrato de acondicionamento destinado a manter e coidar o xacemento do Castelo de Rocha Forte.

Así, o goberno municipal adxudicou o contrato de Acondicionamento exterior do xacemento arqueolóxico do Castelo da Rocha Forte a favor de Alcomte Galicia SL, a través dun importe de 312.359 euros, co IVE engadido, ao ser a oferta máis vantaxosa de todas as que foron presentadas. Esta actuación forma parte da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado do Concello de Santiago que tamén se atopa cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020 nun 80 % sendo o 20 % restante con cargo a dotación económica municipal, tal e como se concluíu na xunta.

05 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito