Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Moción no pleno para que se elimine o imposto á electricidade

Destaca o BNG o impacto do mesmo nos sectores máis afectados pola crise

Santiago. O BNG trasladará ao pleno unha moción para reclamarlle ao Goberno do Estado a eliminación do imposto especial da electricidade e a rebaixa do IVE do 21 % ao 4 % na factura da luz por ser un ben de primeira necesidade. Reclamará tamén un cambio nas políticas para que beneficien os territorios de produción de enerxía eléctrica compensando o forte impacto ambiental e social da súa produción a través dun abaratamento dos prezos.

“Consideramos que a norma xera un impacto negativo nos consumidores e consumidoras, sobre todo, tendo en conta que lle afecta a sectores da poboación e negocios que xa están sufrindo as consecuencias derivadas do forte impacto económico das restricións impostas pola loita contra a COVID”, explicou a concelleira Navia Rivas.

Deste xeito, afecta principalmente no consumo doméstico e a aquelas persoas consumidoras adheridas xa con anterioridade ao sistema de discriminación horaria. Na Galiza hai máis de medio millón de fogares adheridos a esta modalidade que verán como a súa factura experimenta un aumento que pode chegar a superar o 30 %.

Cun perfil de consumo como o da hostalería, sinalan xa duramente golpeado pola pandemia, e nas PEMES, sufrirán graves consecuencias, “pois as súas actividades desenvólvense necesariamente durante as horas de maior custo da enerxía”. “Todo isto nunha Galiza que exporta electricidade”, engadiu, aludindo tamén ás explotacións gandeiras. ecg

10 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito