Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Monólogo no Gaiás contra a violencia de xénero

SANTIAGO. A compañía galega aAntena produce a peza Golpes, que se escenificará o vindeiro martes 24 de novembro ás 20.00 h, de balde, no Museo Centro Gaiás. A actriz galega Estíbaliz Veiga será a encargada de levar a escena un relato cru e directo de como unha moza vai cedendo nunha relación de parella desigual ata atoparse fóra da súa personalidade.

A compañía procura amosar dun xeito directo e fuxindo do tráxico como nas accións máis cotiás nace a desigualdade e chega á violencia machista. Con Golpes preténdese que o espectador e espectadora identifique todos e cada un dos comportamentos ou actitudes machistas propios e alleos e sexa consciente de canto traballo hai por facer aínda para chegar a conseguir un mundo igualitario. Ten como obxectivo sementar unha visión dun “mundo mellor posible”, á vez que busca, a través do seu traballo, amosar o seu compromiso de inferir na sociedade cun espectáculo directo onde se amose dun xeito entretido a desigualdade latente, e a dor que causa unha lacra social como é a violencia machista

Ao rematar, abrirase un faladoiro coa actriz. Esta actividade conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade e enxírese dentro da ampla programación da Xunta de Galicia vencellada coa celebración do Día contra a Violencia de Xénero que se celebra internacionalmente o 25 de novembro.

21 nov 2020 / 23:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito